Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de abril

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, e do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar o programa do ciclo Infantil&Familiar para os meses de abril a xuño.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, María Antón, para presentar a exposición "40 anos de acción humanitaria independente" de Médicos sen Fronteiras, que estará en varios centros socioculturais. Na rolda tamén estará María Díaz Martínez, delegada en Galicia da ONG.

11.00 h a 12.30 h
No Centro Sociocultural das Fontiñas, a concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asiste ao obradoiro realizado pola Asociación Arela no que, dun xeito didáctico e dinámico, se explicará a Lei 5/2000, de responsabilidade penal do menor. Acudirá alumnado de 4º da ESO do IES Antonio Fraguas, que supón un total de 90 alumnos e 11 profesores. Dentro do programa "A nosa vida, en positivo", organizado pola concellería de Servizos Sociais e o equipo comunitario do barrio de Fontiñas.

11.30 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, preside o acto de entrega dos premios ao Comercio Compostelán "Santiago ten un comercio de cine, 2015".

Compartir: