Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de marzo

9.15 h
Na Cidade da Cultura (Sala Eisenman), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a xornada Organización 2.0.

11.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras de Vista Alegre acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Urbano e Sostible, Teresa Gutiérrez. Punto de encontro: praza Álvaro Cunqueiro (casetas de obra).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, María Antón, para presentar o concurso de proxectos de publicidade comercial en galego.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Alejandro Sánchez-Brunete, para presentar a app +bus, que permitirá a consulta dos percorridos do transporte urbano en tempo real.

20.30 h
No Teatro Principal, Matarile Teatro presenta Hombres Bisagra dirixida por Ana Vallés e Baltasar Patiño. Dentro da programación de Danza 2015.

20.30 h
Na Zona C, concerto de Caraba (que presentan Tornasol) e Inerttes dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: