Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 9 de decembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar "Nadal nos barrios" e "Nadal nos Centros Socioculturais".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, manterá un encontro cos medios de comunicación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Teatro Principal, Abrapalabra Creacións Escénicas presenta ‘As do peixe’ de Cándido Pazó dentro da programación de Teatro. Con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.

Compartir: