Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar o Mercado da Estrela.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria do día 21 de novembro de 2015.
2. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade e seguridade de subministro de vehículos para a Policía Local mediante renting.
3. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a solicitude de declaración da Semana Santa en Santiago, como festa de interese turístico de Galicia.
4. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa á situación das persoas que se atopan na confluencia da rúa do Vilar coa praza do Toural.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa á adquisición de postes electrónicos con cargo a vindeiro orzamento para o ano 2016.
6. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á convocatoria da constitución da Comisión de condecoracións.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á posta en marcha dunha rede de Centros de día.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á elaboración dun Plan de acción de turismo inclusivo.
9 Proposición do grupo municipal do BNG, relativa á instalación e adecuación de marquesiñas para favorecer o uso e a accesibilidade do transporte público.
10. Dar conta, de acordo co disposto no artigo 8.1 das bases de execución do orzamento de 2015, da información relativa á execución orzamentaria do terceiro trimestre do ano 2015.
11. Dar conta, de acordo co disposto no artigo 8.1 das bases de execución do orzamento de 2015, de modificacións orzamentarias do Concello e Auditorio de Galicia.
12. Dar conta de resolución da alcaldía designando concelleira-secretaria suplente da Xunta de Goberno.
13. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Teatro Principal e Salón Teatro
XIV Festival de Teatro Amador Agustín Magán (Fegatea)

Compartir: