Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 5 de decembro

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, recibe a Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.

17.00 h a 20.00 h
Detrás da Casa das Asociacións, primeira gran solta das Bolboretas do Nadal. O evento contará con zancudos do Circo Nove, percusión da man de Trópico de Grelos, o espectáculo de humor, malabares e globoflexia de Peter Punk e un obradoiro para os máis pequenos de creación de árbores de Nadal. Os asistentes poderán pillar valiosas bolboretas e trocalas alí mesmo por agasallos especiais.

Teatro Principal e Salón Teatro
XIV Festival de Teatro Amador Agustín Magán (Fegatea)

Compartir: