Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 27 de decembro

12.00 h
Na rúa do Vilar (a carón do Airas Nunes), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto literario de conmemoración do 80 aniversario da edición dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca. O acto celebrarase na antiga imprenta Nós, lugar onde se editaron os poemas.

19.00 h
No Teatro Principal, Producións Dispersas presenta ‘O souto dos prodixios’ dentro da programación de Teatro Familiar e de Nadal. Diego Freire, autor e director.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Cantigas e Agarimos presenta o seu novo espectáculo, ‘balbino'.

Nadal 2015
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: