Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para dar o coñecer a resolución do programa Aula de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, Noa Morales, para presentar a San Silvestre 2015. Na rolda tamén estará o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín, e os atletas Pedro Nimo e Raquel Suárez Pedrosa.

19.00 h
No Teatro Principal, Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble presentan ‘A frauta máxica do maxín’ dentro da programación de Teatro Familiar e de Nadal. Dirixida por Isabel Rey.

20.00 h
No Salón Nobre, recepción cidadá de Nadal.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Gala Lírica da Asociación de Amigos da Ópera de Santiagode Compostela, coa Orquestra e o Coro Gaos, Mariola Cantarero, soprano; Borja Quiza, barítono; e Margarita Guerra ás castañolas. Dirixidos por Fernando L. Briones interpretan un programa de ópera e zarzuela.

Nadal 2015 Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: