Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina co reitor da USC, Juan Viaño, un convenio de colaboración para facilitar a participación na oferta educativa do Departamento de Educación e Cidadanía municipal do alumnado do IV Ciclo da USC, programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á entrega dos premios da Cultura Galega 2015.

19.00 h
No Teatro Principal, Los Duguis Impro presentan ‘Improcadabra’ con Marita Martínez, Noemí Miranda e Marta Iglesias.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto do Chicago Mass Choir que presenta ‘A spiitual tribute to B.B. King'

Nadal 2015

Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: