Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 20 de decembro

12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Nadal da Banda Municipal de Música con Cantorum Compostellana Coniujctio, a Banda de Gaitas de Forcarei, o Grupo de Baile Tradicional ‘Xirandola’ e Uxía Senlle, como voz solista. Anxo Abel, dirixe o coro e Juan Miguel Romero Llopis, director da Banda.

20.30 h
Na Sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), LOS INNato presentan ‘NO/Nato’ con dirección, coreografía e interpretación de Marko Fonseca e Raúl Martínez. Dentro da programación de Danza.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto inaugural do ciclo Todo Lírica: ‘Ad una stella. Cancións de berce & Verdi’ con Carmen Solís, soprano, e Rubén Fernández Aguirre, piano.

Nadal 2015

Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: