Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 18 de decembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director do AGADIC, Jacobo Sutil; e a vicepresidenta de Cantigas e Agarimos, Amparo Pérez; para presentar o novo traballo da Agrupación Folclórica, ‘Balbino’, que se estrea no Auditorio de Galicia o 27 de decembro. Na rolda participan tamén Manuel Ameneiro, de Ditea Teatro e Conchi Viñas, xefa de Arquitectura Efémera da EASD Mestre Mateo., que colaboran no espectáculo.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar o acto de conmemoración do 30 aniversario da declaración de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade "Santiago no corazón. Os corazóns de Compostela".

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción de Nadal ás traballadoras e traballadores do Concello.

16.00 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Belvís, sexta edición do Mercado solidario de Nadal organizado polo Refuxio de Bando. O obxectivo é achegar información á cidadanía sobre o traballo que realiza a Fundación, e recadar fondos para as instalacións. O mercado celebrarase en horario de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, e o sábado e o domingo de 10.00 a 20.00 horas.

17.00 h
Diante do polideportivo de Santa Isabel, solta de bolboretas, dentro do programa de Nadal 2015.

20.00 h
Diante do CSC de Conxo, poxa solidaria en beneficio do Banco de Alimentos, dentro do programa de Nadal 2015.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Mongolia, el musical’.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Nadal da Real Filharmonía de Galicia que interpreta ‘O Mesías’ de Haendel, patrocinado pola Obra Social ‘la Caixa'. Dirixidos por Enrico Onofri, con María espada, soprano; Marina Comparato, mezzosoprano; Enrico Iviglia, tenor; e Fulvio Bettini, barítono. Estarán acompañados do Coro da Sinfónica de Galicia, dirixido por Joan Company, e outros Coros da Cidade.

Nadal 2015
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: