Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 17 de decembro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co grupo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural).

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; Jesús Couceiro, presidente da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela; e María Pardal, vocal da asociación, para presentar a Gala Lírica que se celebrará no Auditorio de Galicia o 22 de decembro, e que contará coa Orquestra e Coro Gaos, a soprano Mariola Cantarero e o barítono Borja Quiza.

12.00 h
Na Cámara de Comercio, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do vicepresidente da Cámara de Comercio, Evaristo Rodríguez, para presentar os gañadores da XVI edición do Premio Manuel Beiras.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe as traballadoras e os traballadores do Concello xubilados no ano 2015 e as xubiladas e xubilados doutros anos.

18.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños A Unión de Villestro.

20.30 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do Premio Manuel Beiras. Tamén estarán o presidente da Cámara de Comecio de Santiago, Jesús Asorey, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

20.30 h
No Teatro Principal, Funboa Escénica presenta ‘Sushi gratis’ con Cristina Balboa e Lúa Gándara dentro da programación de Teatro 2015.

Nadal 2015
Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: