Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 14 de decembro

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva e o Consello de Administración da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota ao remate.

12.00 h
Na praza do Obradoiro gardarase un minuto de silencio pola muller asasinada en Alcobendas e polos dous policías mortos en Afganistán.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

13.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnese con alcaldes e concelleiros dos concellos de Ames, Vedra, Boqueixón e Teo para falar sobre a comarcalización do parque de Bombeiros.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Teatro Principal, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á entrega de Premios de Santiago(é)Tapas 2015.

20.00 h
Na Zona "C", conferencia de Joana Hurtado baixo o título de ‘A experiencia do Can Felipa Arts Visuais’.

Compartir: