Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 13 de decembro

12.30 h
No Teatro Principal, ‘Conto de Nadal’, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, e Paula Carballeira de narradora.

18.30 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á chocolatada con regueifeiros, dentro do Nadal 2015. A continuación visita a Alameda, onde se prenderá a iluminación especial de Nadal das estatuas das Marías, Rosalía de Castro e Valle-Inclán. Comeza tamén o alumeado da zona vella.

Toda a programación de Nadal en www.nadalencompostela.com

Compartir: