Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de novembro

9.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas das seguintes sesións plenarias:
Acta sesión ordinaria do día 7 de setembro de 2015 (13/15).
Acta sesión ordinaria do día 5 de outubro de 2015 (14/15).
Acta sesión extraordinaria urxente do día 28 de outubro de 2015 (15/15).
2. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM no ámbito do polígono 40. Rocha Vella - rúa do Churruchao.
3. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM na rúa das Penas, número 9C. Aríns.
4. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM relativa ao incremento de densidade dos solos urbanizables non delimitados (SUND).
5. Desestimento do procedemento iniciado para a modificación puntual do catálogo do PXOM e do plan especial de patrimonio construído de interese cultural do termo municipal de Santiago de Compostela no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da avenida de Rosalía de Castro.
6. Dar conta da elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa.
7. Dar conta da elevación a definitivo do acordo de aprobación inicial da Ordenanza municipal reguladora do informe de avaliación de edificios.
8. Aprobación inicial da modificación das seguintes ordenanzas fiscais para o ano 2016:
Ordenanza fiscal 0.00: ordenanza xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público.
Ordenanza fiscal 1.01: imposto sobre bens inmobles.
Ordenanza fiscal 1.02: imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
Ordenanza fiscal 1.03: imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana.
Ordenanza fiscal 1.04: imposto sobre construcións, instalacións e obras.
9. Solicitude de compatibilidade da funcionaria interina, Dona Ángeles Santos Vázquez, para o desempeño de posto de profesora asociada na Universidade da Coruña.
10. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a organización e perfil básico dos actos institucionais.
11. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa a que se impulse un convenio do IGVS para construción de vivenda de protección autonómica e de réxime especial.
12. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa a que en colaboración coas administracións correspondentes se acondicione a zona do belvedere e o contorno fluvial onde se celebrou no ano 1856 o Banquete de Conxo.
13. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, relativa á renovación do sistema de control de accesos á zona monumental.
14. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa á posta en marcha dunha liña de autobuses desde cada unha das grandes cidades de Galicia co aeroporto de Lavacolla.
15. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a incorporar sistemas de protección para motoristas (SPM) nos gardarraís.
16. Proposición do grupo municipal do BNG, relativa a garantir que as obras de nova construción adopten criterios de accesibilidade.
17. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa ao proxecto da EDAR.
18. Declaración institucional dos grupos municipais da Corporación, en apoio da creación dun novo xulgado do social no Partido xudicial de Santiago de Compostela.
19. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contenciosos-administrativos.
20. Dar conta da designación de representantes no Consello de Relacións Veciñais.
21. Dar conta de resolución da alcaldía de nomeamentos de membros da Xunta de Goberno.
22. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
23. Rogos e preguntas.
24. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños de Santa Marta-A Choupana.

CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
16:00 EL CLUB Pablo Larraín
17:45 INVASIÓN Abner Benaim
19:30 45 YEARS Andrew Haigh
21:15 LE NOUVEAU Rudi Rosenberg
22:45 SON OF SAUL László Nemes
00:45 SHUNPU DEN (STORY OF A PROSTITUTE) Seijun Suzuki
SALÓN TEATRO
16:00 TELL SPRING NOT TO COME THIS YEAR Saeed Taji Farouky, Michael McEvoy
17:45 BABY THE RAIN MUST (A ÚLTIMA TENTATIVA) Robert Mulligan
19:30 MOUNTAINS MAY DEPART Jia Zhangke
21:45 VICTORIA Sebastian Schipper
00:00 IZGNANIE (THE BANISHMENT) Andrei Zvyagintsev
SALA MOZART - AUDITORIO DE GALICIA
20:00 UNITARIAS Jorge Algora

CGAC
17:15 A KING IN NEW YORK (UN REI EN NOVA YORK) Charles Chaplin
19:15 CRADLE WILL ROCK (ABAIXO O TELÓN) Tim Robbins
21:30 THE WOMAN ON PIER 13 (CASADA CUN COMUNISTA) Robert Stevenson

Compartir: