Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de novembro

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co director da Fundación Amancio Ortega, Óscar Ortega.

10.50 h a 12.30 h
No IES de Sar, o ilustrador Miguel Cerro, que se atopa en Santiago para recoller ás 19.00 horas o VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, terá unha sesión de traballo cos alumnos/as do bacharelato artístico. 98 alumnos/as desa especialidade e profesorado dese centro terán a oportunidade de coñecer o artista premiado e as técnicas que utiliza nos seus traballos.

11.15 h
Na estrada de Noia (cruce cara a rúa de Xunlla, na parada de bus), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios de comunicación.

11.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á apertura do Foro Colaborativo polo Emprego.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Compostela Aberta Concha Fernández para presentar unha moción.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Plataforma SOS Sanidade Pública.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do VIII Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. No acto tamén estarán o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, e o director da editorial Kalandraka, Xosé Ballesteros.
O xurado desta sétima edición, reunido no Concello de Santiago o día 9 de abril de 2015, acordou conceder o VIII Premio Internacional "Compostela" de Álbums Ilustrados por maioría á obra "Y se hizo la luz" de Miguel Cerro Rico, de Córdoba (España).

Compartir: