Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 4 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
No Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29 baixo), a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á presentación de Santiago(é)Tapas. Na rolda tamén estarán presentes José Antonio Riveiro, presidente do colectivo na súa área de restauración; María Sande, directora de marketing de Coca Cola Iberian Partners Galicia; Guillermo Fernández, delegado de Hijos de Rivera; Ángel Otero, presidente de Cash Record; e Miguel Ángel Viso, presidente do CRDO Ribeiro.

11.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, mantén un encontro co Foro Galego de Inmigración para falar sobre os CIE (Centros de Internamentos de Estranxeiros/as). Declaracións ás 12.30 h.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, para presentar o Pacto pola Mobilidade.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a XXIX edición de Cineuropa que se celebra do 6 ao 29 de novembro en diferentes salas da cidade.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Plataforma polo Sar, acompañado polos concelleiros Jorge Duarte e Xan Duro.

Compartir: