Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de novembro

10.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á apertura dunha nova edición de Getting Contacts, xornada de encontro e intercambio empresarial, organizada pola Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago, co financiamento da Deputación de Coruña, dentro do programa Compostela Móvese. Está previsto que participen arredor de cen empresas.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘AccESO a Cineuropa’, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis dentro do programa didáctico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o programa de conciliación de Nadal 2015.

12.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, preside a Mesa polo Emprego. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ás 13.00 h.

19.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o Consello de Relacións Veciñais.

20.15 h
Na Facultade de Ciencias da Comunicación, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, asiste á final da IV Liga de Debate Universitario e fai entrega do galardón ao equipo gañador.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con…Paul Daniel, previo ao concerto das 21.00 horas.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel e con Viviane Hagner, violín. Dentro do Porgrama de Abono, interpretan obras de G. Connesson, A. Dvorak e J. Brahms.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
16:15 COSMOS Andrzej Zulawski
18:00 ISLA BONITA Fernando Colomo
20:00 DESDE ALLÁ Lorenzo Vigas
21:45 PELICULA SORPRESA
23:45 THE GIFT Joel Edgerton

SALÓN TEATRO
16:30 EQUÍ Y N’OTRU TIEMPU Ramón Lluís Bande
18:00 MI QUERIDA ESPAÑA Mercedes Moncada Rodríguez
19:45 NAHID Ida Panahandeh
21:45 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
23:30 EL INCENDIO Juan Schnitman
01:00 FLOTEL EUROPA Vladimir Tomic

CGAC
16:00 THE IRON CURTAIN (O TELÓN DE ACEIRO) William A. Wellman
17:30 THE FEARMAKERS (OS INTIMIDADORES) Jacques Tourneur
19:00 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 9 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 10 Dominik Graf
20:45 THE HOUSE ON 92ND STREET (A CASA DA RÚA 92) Henry Hathaway
22:15 WATTSTAX Mel Stuart

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 SEVEN MILES FROM ALCATRAZ (A SETE MILLAS DE ALCATRAZ) Edward Dmytryk
17:30 HITLER’S CHILDREN (OS FILLOS DE HITLER) Edward Dmytryk
19:00 TENDER COMRADE (COMPAÑEIRO DA MIÑA VIDA) Edward Dmytryk
20:45 THE LAWLESS (O FORAXIDO) Joseph Losey

Compartir: