Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de novembro

10.00 h
No CEE López Navalón, charla a cargo da Policía Local sobre seguridade viaria para os alumnos e alumnas do centro.

10.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para presentar a parte audiovisual da campaña 25 N Compostela en Negro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar a xornada "Peme innovadora".

19.00 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños da Choupana acompañado polos concelleiros Xan Duro e Jorge Duarte.

19.00 h
Na Facultade de Filosofía, charla do mediador intercultural Samir Sayyad sobre a emigración na zona do Mediterráneo dentro da campaña Xunt@s facemos Compostela que están a organizar o Concello de Santiago e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz. Samir Sayyad é o mediador intercultural do Dignity I, barco de rescate que Médicos sen Fronteiras ten no Mediterráneo, e contará como se está a vivir na zona a crise humanitaria.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
12:00 TRIBUTO A VICENTE ARANDA ASESINATO EN EL COMITÉ CENTRAL Vicente Aranda
16:00 MI QUERIDA ESPAÑA Mercedes Moncada Rodríguez
17:45 CHRONIC Michel Franco
19:30 TROIS SOUVENIRS DE MA JEUNESSE Arnaud Desplechin
21:45 FRANCOFONIA Alexander Sokurov
00:00 PEACE TO US IN OUR DREAMS Sharunas Bartas

SALÓN TEATRO
16:00 FLOTEL EUROPA Vladimir Tomic
17:15 THE HERE AFTER Magnus von Horn
19:00 THE DUKE OF BURGUNDY Peter Strickland
20:45 Presentación e debate con Fernando Colomo ISLA BONITA Fernando Colomo
23:00 DEMON Marcin Wrona
00:45 LA PROCHAINE FOIS JE VISERAI LE COEUR (A SEGUINTE VEZ APUNTAREI AO CORAZÓN) Cédric Anger

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 BIG JIM MCLAIN (O GRAN JIM MCLAIN) Edward Ludwig
18:15 BLOOD ALLEY (CALELLO SANGUENTO) William A. Wellman
20:15 CONSPIRATOR (TRAIZÓN) Victor Saville

Compartir: