Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 20 de novembro

10.30 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nun pleno infantil con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno. Participan 25 alumnos e alumnas de 6º de Primaria de catro colexios composteláns. CEIP López Ferreiro, CEIP Monte dos Postes, CEIP Fontiñas e CEIP Lamas de Abade.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia. Dirixida por Paul Daniel interpreta a Sínfonía núm 6 en la menor de Mahler, con arranxos de Xoán Trillo.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o proxecto escénico "As fillas bravas", no marco da campaña Compostela en Negro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e da deputada Ana Pontón.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a directora do Instituto Europeo Campus Stellae, Nuria Pereira.

21.30 h
No Pazo de San Lourenzo, o alcalde de Santiago Martiño Noriega, asiste á X Gala de Nadal da Fundación Andrea.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Cedric Burnside dentro do ciclo Blues Nite.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
16:00 MENTIRAS PIADOSAS Arturo Ripstein
18:00 A ROYAL NIGHT OUT Julian Jarrold
20:00 Presentación e coloquio con José Luis Guerín. LA ACADEMIA DE LAS MUSAS José Luis Guerín
22:15 THE ASSASSIN Hou Hsiao-Hsien
00:15 MARATÓN "ROXOS E MARCIANOS"
INVADERS FROM MARS (INVASORES DE MARTE) William Cameron Menzies
RED DAWN (AMENCER VERMELLO) John Milius
RED PLANET MARS (MARTE, O PLANETA VERMELLO) Harry Horner
THE BEAST FROM 20,000 FATHOMS (O MONSTRO DOS TEMPOS REMOTOS) Eugène Lourié
THE ANGRY RED PLANET (A FURIA DO PLANETA VERMELLO) Ib Melchior
IT! THE TERROR FROM BEYOND SPACE (TERROR DO ALÉN) Edward L. Cahn

SALÓN TEATRO
16:00 CAUDILLO Basilio Martín Patino
17:45 Con presenza do seu director, Ramón Lluís Bande. EL NOME DE LOS ÁRBOLES Ramón Lluís Bande
20:00 SPARROWS Rúnar Rúnarsson
21:45 UNE JEUNESSE ALLEMANDE Jean-Gabriel Périot
23:15 LA LOI DU MARCHÉ Stéphane Brizé
00:45 HITCHCOCK/TRUFFAUT Kent Jones

CGAC
16:30 THE WAY WE WERE (TAL COMO ERAMOS) Sydney Pollack
18:45 IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 1 Dominik Graf
IN FACE OF THE CRIME (FRONTE AO CRIME) EPISODIO 2 Dominik Graf
20:30 FÍOS FÓRA Sabela Iglesias Reviejo, Adriana Pérez Villanueva (Illa Bufarda)
22:30 RAY CHARLES, THE GENIUS OF SOUL Yvonne Smith

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 EVERYBODY WINS (TODO O MUNDO GAÑA) Karel Reisz
18:15 THE CRUCIBLE (O CRISOL) Nicholas Hytner
20:15 ALL MY SONS (TODOS ERAN OS MEUS FILLOS) Irving Reis

Compartir: