Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 19 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a asociación de veciños Amigos de San Pedro.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Paul Daniel e Xoán Trillo, previo ao concerto das 21.00 h.

20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, entrega o Premio Cineuropa a Arturo Ripstein nun acto ao que tamén asisten o director de Cineuropa, José Luis Losa, e a actriz Marisa Paredes, que traballou en ‘Profundo Carmesí’, filme de Ripstein que poderemos ver tras a entrega do premio.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Paul Daniel interpretan a Sínfonía núm 6 en la menor de Mahler, con arranxos de Xoán Trillo.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
12:00 MY SON JOHN (O MEU FILLO JOHN) Leo McCarey
16:00 Con presencia da directora QUERIDA GINA Susana Sotelo
18:00 DAS ZIMMERMÄDCHEN LYNN (A CAMAREIRA LYNN) Ingo Haeb
20:30 PREMIO CINEUROPA: ARTURO RIPSTEIN PROFUNDO CARMESÍ Arturo Ripstein
23:00 IL RACCONTO DEI RACCONTI (O CONTO DOS CONTOS) Matteo Garrone
00:45 HITCHCOCK/TRUFFAUT Kent Jones

SALÓN TEATRO
16:00 MEMORIA OCULTA Eva Villaseñor
17:00 EL LUGAR SIN LÍMITES Arturo Ripstein
20:00 THE POSTMAN’S WHITE NIGHTS (O CARTEIRO DAS NOITES BRANCAS) Andrei Konchalovsky
22:45 LA LOI DU MARCHÉ Stéphane Brizé
00:15 IL BOOM Vittorio De Sica

CGAC
17:00 MORITURI Eugen York
18:45 HIMMEL ODER HÖLLE Wolfgang Murnberger
20:00 JOHNNY O’CLOCK Robert Rossen
21:45 FROM THIS DAY FORWARD (DE HOXE EN DIANTE) John Berry

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 NONE WITHOUT SIN (NINGUÉN SEN PECADO: ELIA KAZAN E ARTHUR MILLER) Michael Epstein
18:30 THE MISFITS (VIDAS REBELDES) John Huston
20:30 DEATH OF A SALESMAN (1966) (MORTE DUN VIAXANTE) Alex Segal

Compartir: