Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de novembro

10.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a apertura do "Encontro de política lingüística municipal", organizado polo Concello e a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL). Programa:
10.00 h PARA UN NOVO IMPULSO NA POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL
INTERVENCIÓNS DE BENVIDA
•Martiño Noriega Sánchez, alcalde de Santiago de Compostela.
•Nel Vidal Barral, presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. (CTNL).
10.30 h O PAPEL DOS CONCELLOS PARA O PRESENTE E FUTURO DA LINGUA GALEGA. EXPOSICIÓN DE IDEAS E DEBATE
•Xulio Ferreiro Baamonde, alcalde da Coruña.
•Carmen Basadre Vázquez, concelleira de Promoción da Lingua de Lugo.
•Isabel Vaquero Quintela, concelleira de Normalización Lingüística de Ames.
•José López Campos, alcalde da Estrada.
•Rafael Cuíña Aparicio, alcalde de Lalín.
Conduce o debate: Fernanda Tabarés, xornalista.
12.30 h FERRAMENTAS ESTRUTURAIS NECESARIAS PARA A POLÍTICA LINGÜÍSTICA MUNICIPAL. EXPOSICIÓN DE PROPOSTAS PARA OS CONCELLOS
•A regulamentación para o fomento da lingua. Nel Vidal Barral, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo.
•Os servizos de normalización lingüística Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística do Concello de Ames
13.15 h PROXECTOS COLABORATIVOS PARA O FOMENTO DO GALEGO. PRESENTACIÓN E INTEGRACIÓN DE CONCELLOS
•Apego, para a socialización da infancia en galego. Socorro García Conde, técnica de
normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela
•Proxecto para o fomento de youtubers en galego. Mónica Fernández Valencia, técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense.
•Club de Debate, Concepción Cochón, técnica de normalización lingüística do Concello de Pontevedra.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do deputado Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar os actos con motivo do Día do Neno.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar unha campaña de sensibilización sobre a situación das persoas refuxiadas. Estará acompañada por unha representante da Asamblea Galega de Cooperación pola Paz.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, para presentar a campaña "Non é un xoguete", sobre a responsabilidade á hora de regalar mascotas.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
16:00 UM DIA NORMAL Barbara Reis
17:15 BODY Malgorzata Szumowska
18:45 MACBETH Justin Kurzel
20:45 THE LOBSTER (LANGOSTA) Giorgos Lanthimos
22:45 LA LOI DU MARCHÉ Stéphane Brizé
00:30 AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 2 Miguel Gomes

SALÓN TEATRO
16:00 DEATH OF A SALESMAN (1951) (MORTE DUN VIAXANTE) László Benedek
18:00 TAXI TEHERAN Jafar Panahi
19:30 UNE HISTOIRE DE FOU Robert Guédiguian
22:00 EISENSTEIN IN GUANAJUATO Peter Greenaway
23:45 A UMA HORA INCERTA Carlos Saboga

CGAC
16:30 O ESPANTALLO AMIGO Carlos Seijo
17:30 INVASION OF THE BODY SNATCHERS (A INVASIÓN DOS LADRÓNS DE CORPOS) Don Siegel
19:00 PICKUP ON SOUTH STREET (MANS PERIGOSAS) Samuel Fuller
20:30 KING AND COUNTRY (REI E PATRIA) Joseph Losey
22:00 M Joseph Losey

Compartir: