Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de novembro

10:30 h
No Salón Verde, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, reúnese co presidente de Europa Laica, Francisco Delgado, para falar sobre a proposta de creación dunha Rede de municipios por un Estado laico. Tamén asisten representantes municipais da Coruña e Ferrol. (SÓ GRÁFICOS). Ao remate da xuntanza, en torno ás 11:30 horas, declaracións na sala de prensa.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o XV Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago.

18.00 h
Na aula da Praza de Abastos, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste ao evento Tapa con Estrelas, unha serie de showcookings-demostracións para promocionar o acto de entrega de estrelas Michelín 2016 da Península Ibérica que terá lugar o próximo 25 de novembro no Hostal dos Reis Católicos. Centro Superior de Hostalería de Galicia. O cociñeiro do showcooking de hoxe será Pepe Solla.

18.30 h
No Centro Sociocultural do Casco Histórico (rúa Santa Cristina, 22), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Compostela Vella.

20.00 h
No Teatro Principal, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, entrega o premio Cineuropa a Miguel Gomes. A continuación, proxectarase o seu filme As mil e uma noites (volume 1).

CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
12:00 THE SHANGHAI STORY (AVENTURA EN SHANGAI) Frank Lloyd
16:00 THE MISPLACED WORLD Margarethe von Trotta
18:00 SONGS MY BROTHERS TAUGHT ME Chloé Zhao
20:00 PREMIO CINEUROPA: MIGUEL GOMES
AS MIL E UMA NOITES: VOLUME 1 Miguel Gomes
23:00 EISENSTEIN IN GUANAJUATO Peter Greenaway
00:45 COP CAR Jon Watts

SALÓN TEATRO
16:00 EL PASEO Flavia de la Fuente
WORK IN PROGRESS: IT’S CALLED LISTEN Alejandra Pombo
17:45 SLOW WEST John Maclean
19:45 MACBETH Justin Kurzel
21:45 IM KELLER (IN THE BASEMENT) Ulrich Seidl
23:15 MARCELLO MASTROIANNI: MI RICORDO, SÌ, IO MI RICORDO Anna Maria Tatò

CGAC
16:00 Coa presenza do director IDIOTAS Fran Estévez
16:45 SPLIT SECOND (O INSTANTE DECISIVO) Dick Powell
18:15 NEVER LET ME GO (NON ME ABANDONES) Delmer Daves
20:00 DE MAN DIE ZIJN HAAR KORT LIET KNIPPEN (O HOME DO CRANIO RASURADO) André Delvaux
21:45 HEITAI YAKUZA (HOODLUM SOLDIER) Yasuzo Masumura

SEDE AFUNDACIÓN
16:30 AYN RAND: IN HER OWN WORDS Robert Anderson, John Little
18:00 THE FOUNTAINHEAD (O MANANCIAL) King Vidor
20:00 TRIAL (A FURIA DOS XUSTOS) Mark Robson

Compartir: