Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de novembro

10.30 h
No Salón Teatro, a concelleira Noa Morales asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do IX Certame de Bandas que se celebra no Auditorio de Galicia os días 21 e 22 de novembro. Tamén asisten á rolda o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o presidente da Federación Galega da Bandas de Música Populares, Armando Morales.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o Comité de Empresa do 112 Galicia.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, sobre a apertura da convocatoria para participar no Mercado de Nadal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Facenda e Orzamentos, María Rozas, e de Mocidade, Noa Morales, sobre os Orzamentos Participativos.

13.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participan na ruta inaugural do concurso Santiago(é)Tapas. Punto de encontro: Tapería Castelao (rúa Nova de Abaixo, 7).

18.15 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita o fondo bibliográfico de Xosé María Álvarez Blázquez e participa na homenaxe ao escritor con motivo do centenario do seu nacemento.

20.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición Luis Seoane. Voar por riba dunha torre de marfil.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Ángel Luis Hueso e José Luis Losa, previo ao concerto do Programa de Abono.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Diego Masson no que a oquestra poñerá a música en directo a A woman of affairs’ (‘A muller lixeira), de Clarence Brown (filme con Greta Garbo e John Gilbert e música de Carls Davis). Dentro do Programa de Abono e do festival Cineuropa.

CINEUROPA

TEATRO PRINCIPAL
16:15 LÁSKY JEDNÉ PLAVOVLÁSKY (OS AMORES DUNHA LOIRA)
Milos Forman
18:00 LISTEN UP PHILIP
Alex Ross Perry
20:00 VIRGIN MOUNTAIN
Dagur Kári
21:45 SLOW WEST
John Maclean
23:15 SON OF SAUL
László Nemes
01:00 YOYO
Pierre Étaix
SALÓN TEATRO
16:30 SUE (SUE, PERDIDA EN MANHATTAN)
Amos Kollek
18:15 THE MISPLACED WORLD
Margarethe von Trotta
20:00 THE LESSON (UROK) Kristina Grozeva
Petar Valchanov
22:00 SHE’S FUNNY THAT WAY
Peter Bogdanovich
23:45 COP CAR
Jon Watts
CGAC
16:30 RESPECT YOURSELF, THE STAX RECORDS STORY
Robert Gordon y Morgan Neville
18:30 THE WHIP HAND (A MAN NA SOMBRA)
William Cameron Menzies
20:00 THE THIEF (O ESPÍA)
Russell Rouse
21:30 FOREVER LULU
Amos Kollek
23:00 RAY CHARLES, THE GENIUS OF SOUL
Yvonne Smith
SEDE AFUNDACIÓN
16:30 THE RED HOUSE (A CASA VERMELLA)
Delmer Daves
18:15 THE NAKED CITY (A CIDADE ESPIDA)
Jules Dassin
19:55 DESTINATION TOKYO (DESTINO TOKIO)
Delmer Daves

Compartir: