Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre a ordenanza de vertidos.

11.30 h
No Teatro Principal, Cultura Tempestades presenta Maxia, Ilusionismo e Poesía da Xeración do 27, de Frazer, dentro do programa didáctico.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar dous proxectos dirixidos a persoas sen teito e o Manifesto municipalista para a promoción da saúde e do dereito a un sistema sanitario público e universal.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa Emprende Way. Participarán tamén as dúas emprendedoras organizadoras do evento, Carolina Lodeiro e Tamara Rodríguez.

CINEUROPA
TEATRO PRINCIPAL
19:30 Presentación Proxección Simultánea MEDITERRANEA Jonas Carpignano
23:15 HAI-HIL (MAN ON HIGH HEELS) Jang Jin
SALÓN TEATRO
16:00 LE BONHEUR (A FELICIDADE) Agnès Varda
17:30 COP CAR Jon Watts
19:00 LISTEN UP PHILIP Alex Ross Perry
21:00 SONGS MY BROTHERS TAUGHT ME Chloé Zhao
22:45 QUEEN OF EARTH Alex Ross Perry
00:15 PEOPLE WILL TALK (MURMURIOS NA CIDADE) Joseph L. Mankiewicz
SEDE AFUNDACIÓN
16:30 THE MASTER RACE Herbert J. Biberman
18:15 SALT OF THE EARTH (O SAL DA TERRA) Herbert J. Biberman
20:00 RACHEL AND THE STRANGER (RACHEL E O FORASTEIRO) Norman Foster

Compartir: