Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 1 de novembro

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música que nesta ocasión estará dirixida por Javier Viceiro Filgueira e contará coa participación do solista bombardino David Abellán.

19.30 h
Na Zona C, Los Duguis Impro presentan ‘Spin Off’ dentro do ciclo Teatro 2015. Con Noemi Miranda, Marita Martínez, Marta Iglesua e Oswaldo Digón.

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Mark Olson que presenta en España ‘Good Bye Lizelle’.

Compartir: