Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de outubro

8.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto co concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa no programa "Colecamiños", facendo o percorrido ata o CEIP Pío XII cos alumnos. Saída da praza de Vigo.

11.00 h
Nos xulgados de Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, achegarase á concentración das vítimas do Alvia para amosarlles o seu apoio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o seminario de música tradicional da Escola Municipal de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. .

13.00 h
No Hostal dos Reis Católico, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación de Fairway.

13.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, participa na acción creativa "O Camiño da Igualdade". Pola tarde continuará a acción de 17 a 19 horas.

13.30 h
Na sede da Fundación Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Padroado da devandita fundación.

16.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; o director de Curtocircuíto, Pela del Álamo; e o cineasta Aki Kaurismaki para presentar a Retrospectiva que se fará del este ano no festival.

Compartir: