Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 6 de outubro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos directores de Cáritas Diocesana, Anuncio Mouriño, e Cáritas Interparroquial, José Antonio Beiroa, xunto coa concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

10.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Medio Ambiente e convivencia, Xan Duro, reúnese cos concelleiros de medio ambiente dos concellos da comarca do Sar. Declaracións ao remate (10.45 h aprox).

11.00 h
No Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de concesión do título de embaixador de honra do Camiño de Santiago á Súa Maxestade o rei Don Felipe de Borbón.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da directora-xerente en funcións do Auditorio de Galicia, Silvia Modia, e de Xaime Casas de Idea Rock para presentar a programación do ciclo Blues Nite ata decembro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

16.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con Víctor Fernández Freixanes, director de Galaxia, e coa directora da Feira do Libro de Bos Aires, Nely Espiño.

17.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Deportes, Noa Morales, recibe as seleccións absolutas femininas de balonmán de España e Austria.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, Javier Sánchez-Agustino.

18.30 h
En Conxo (lugar de Porto), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Porto de Fornelos, xunto cos concelleiros Jorge Duarte e Rafael Peña.

Festival Internacional de Cine Curtocircuíto
Consultar programación en www.curtocircuito.org

Compartir: