Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 5 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal de Compostela Aberta Xan Duro e Noa Morales para presentar as mocións incluídas na orde do día do Pleno.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega, e o director de Cineuropa, José Luis Losa, para anunciar os premiados deste ano.

13.00 h
Na Casa do Concello, xunta de voceiros.

17.00 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión plenaria ordinaria do día 7 de setembro de 2015.
2. Proposta do concelleiro delegado de medio ambiente e convivencia de corrección dun erro no artigo 46.3 da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e aparcamento de residentes.
3. Solicitude de compatibilidade para actividade pública secundaria de profesor asociado do portavoz do grupo municipal socialista, Don Francisco Reyes Santiás.
4. Proposición do grupo municipal socialista relativa á modificación do artigo 99 do Regulamento orgánico municipal.
5. Proposición do grupo municipal popular de que se someta á consideración do pleno calquera adhesión do concello a organizacións ou institucións de agrupación voluntaria.
6. Proposición do grupo municipal do BNG para a realización dun proxecto de carril bici e senda peonil.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á modificación da cualificación de solo urbano das parcelas afectadas polo PXOM, como consecuencia da sentenza 2159/2014.
8. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE solicitando que se inicien os procedementos para as revisións das ordenanzas de publicidade e rotulación, e a de terrazas e quioscos de hostalería.
9. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
10. Rogos e preguntas.
11. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

Compartir: