Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de outubro

10.00 h
Na EGAP, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, intervén na IX Asemblea Xeral da FEGAMP.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar o programa de actividades para novembro e decembro da súa concellería.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o partido de fútbol gaélico que enfrontará este sábado ás seleccións masculina e feminina de Galicia e Irlanda.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do secretario da Xunta de Goberno Local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados, e da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para dar conta da proposta de ordenanzas fiscais do Goberno municipal.

20.30 h
No Auditorio Abanca, "Taxi", de Ray Cooney, en versión e dirección de Josema Yuste e Alberto Papa-Fragomén, dentro do ciclo Teatro 2015. Con Josema Yuste, Alfredo Cernuda, Felisuco, Esther del Prado, Diana Lázaro e Javier Losán.

20.30 h
Na Zona C, Los Duguis Impro presentan "Spin Off" dentro do ciclo Teatro 2015. Con Noemi Miranda, Marita Martínez, Marta Iglesia e Oswaldo Digón.

Semana de Cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
Consultar programación en www.amalfestival.com

Compartir: