Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de outubro

9.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa como ponente no Fórum Europa.

10.30 h
No Cemiterio de Boisaca, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, participa no primeiro itinerario didáctico polo patrimonio de Boisaca. Punto de encontro: porta principal.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibe un grupo de alumnos dun instituto de secundaria de Dresde

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar a campaña 25N: Compostela en negro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
En Madrid, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na reunión do Comité de Coordinación Aeroportuaria.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixida por Arturo Tamayo, dentro das Xornadas de Música Contemporánea e o Programa de Abono do Auditorio de Galicia.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de The Buttshakers dentro do ciclo Blues Nite.

Semana de Cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
Consultar programación en www.amalfestival.com

Compartir: