Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 28 de outubro

8.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria e urxente do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da convocatoria.
2.- Proposta da concelleira delegada de Economía e Facenda de aprobación de solicitude ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de diferimento nas devolucións dos saldos negativos resultantes da liquidación na participación en tributos do Estado correspondentes ao exercizo 2013 por importe de 1.106.891,41 euros para a súa devolución en 120 mensualidades.

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Acábate la sopa!', dentro do Programa Didáctico e en colaboración coa Fundación La Caixa.

10.30 h
Na Escola Infantil de Meixonfrío-Salgueiriños, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, participa nas actividades que a Escola está a organizar con motivo da Semana do Samaín.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar unha nova edición do programa Santiago(é)tapas. Na rolda tamén estarán os presidentes da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos e José Antonio Riveiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto do pianista Francesco Tristano dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Semana de Cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
Consultar programación en www.amalfestival.com

Compartir: