Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 26 de outubro

10.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co comité executivo da Confederación de Empresarios da Coruña, CEC, encabezado polo seu presidente Antonio Fontenla.

11.00 h
Na rúa Carretas, nº33, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración do Centro Internacional de Acollida aos Peregrinos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente da Fundación INGADA, Ángel Carracedo. (SÓ GRÁFICOS).

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar unha nova edición do Certame MúsicaXove.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Asociación de Veciños Plataforma de Galeras acompañado polo concelleiro Jorge Duarte.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade (e ás 21.30 h na Igrexa da Universidade), concerto do Cuarteto Gerhard, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Semana de Cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
Consultar programación en www.amalfestival.com

Compartir: