Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 21 de outubro

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co representante da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade, Manolo Camaño. Declaracións ao remate (11.15 h aprox.)

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a alcaldesa de Lourdes, Josette Bourdeu. (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, recibe os participantes na Misión Asiática Inversa. (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Noa Morales para presentar o Outono Fotográfico. Na rolda tamén estará o organizador do evento, Xosé Lois Vázquez, representando á Fundación Benito Losada.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na praza Salvador Parga, número 4, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita as instalacións da Real Sociedade Económica de Amigos do País e mantén un encontro coa xunta directiva.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e a deputada Ana Pontón, sobre asuntos de carácter local.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o director xeral do SabadellGallego, Pablo Junceda. (SÓ GRÁFICOS).

19.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Martiño Noriega; o director xeral do SabadellGallego, Pablo Junceda; o presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins; e a comisaria da mostra, Rocío SC Santa Cruz, inauguran a exposición ‘Salto de páxina. O libro de artista no século XXI’ da Colección Art-Libris Banco Sabadell.

ATENCIÓN, AVISO: Ás 18.30 h, o presidente da Fundación Banco Sabadell, Miquel Molins, e a comisaria da exposición, Rocío SC Santa Cruz, atenderán na sala de exposicións aos medios de comunicación.

20.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, encontro co artista plástico Alberto Corazón e co compositor Alfredo Aracil, previo á estrea da súa ópera ‘Siempre/Todavía’ que celebraremos o venres tamén no CGAC, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: