Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 16 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Érase unha vez… un conto musical’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, e coa narradora Paula Carballeira.

10.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe unha delegación da Prefectura de Wakayama encabezada polo gobernador, Yoshinobu Nisaka; o presidente do Parlamento de Wakayama, Masatsugu Maeshiba; e o ministro da Embaixada de Xapón, Kenji Hirata.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, para presentar o programa Aula de Patrimonio do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños de Vista Alegre.

16.00 h
Na Sede Afundación (rúa do Vilar, 19) o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o Foro contra a violencia viaria.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos veciños das urbanizacións de Volta de Castro.

20.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de KONTAKTEduo dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Ben Poole dentro do ciclo Blues Nite.

I Festival Premios Martin Codax da Música
Toda a información www.premiosmartincodaxdamusica.com

Compartir: