Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 15 de outubro

8.30 h
Na sede do Consorcio, a alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, preside a Comisión Executiva da devandita entidade. Enviarase nota.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Programa:
11:00 h.- O alcalde recibe o presidente da Deputación no Salón Amarelo do Concello. Acompañan os deputados provinciais do Concello de Santiago, tenentes de alcalde e os voceiros dos grupos municipais
11:05 h.- Traslado ao Salón Nobre
Intervencións:
-Presidente da Deputación
-Alcalde de Santiago
Sinatura no Libro de Ouro da Cidade
11:15 h.- Traslado ao despacho do alcalde
Audiencia entre o alcalde e o presidente da Deputación
12.00 h.- Declaracións aos medios (hora aproximada).

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o evento de creadores Maker Faire, que se celebrará o vindeiro sábado en Área Central. Na rolda tamén estarán os organizadores, Chus Prol e Enrique Saavedra.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración de FairWay.

13.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa directiva de Área Central.

17.00 h
No Local Social de San Lourenzo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños Río Sarela.

20.00 h
No Edificio Quercus, o alcade de Santiago, Martiño Noriega, asiste á entrega do III Premio Excelencia Empresarial a José González Fuentes, de Egasa XXI.

20.00 h
No CSCXM do Ensanche, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, presenta os proxectos da avenida de Vilagarcía e Montero Ríos aos veciños.

Compartir: