Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Érase unha vez… un conto musical’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, e a narradora Paula Carballeira dentro do Programa Didáctico.

11.00 h
No Hotel Eurostars Araguaney (Salón Olivo), ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; Ghaleb Jaber Ibrahim, presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas; e Ghaleb Jaber Martínez, director do Festival Internacional de Cine Euroárabe AMAL, para presentar dito festival que se celebra do 26 ao 31 de outubro no Teatro Principal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e do de Tanabe, Mitsutoshi Manago, sobre a relación entre ambas cidades.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, sobre asuntos da súa área.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do coordinador de 7 Cores, Gonzalo Diz, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Na Almáciga, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, visitan a Escola Municipal de Música.

19.00 h
No Pazo de San Roque, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de ingreso de Senén Barro na Real Academia das Ciencias.

20.30 h
Na Igrexa de San Domingos de Bonaval, concerto de Vertixe Sonora Ensemble dentro da sección OFF_Contemporánea!! das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: