Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 22 de xuño

12.00 h
No Paseo da Alameda, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

18.30 h
Via Stellae 2014
No Hostal dos Reis Católicos, concerto de Galicia Brass: 'Brass Cats, un novo ensemble de metais'. Dirixido por Bram Sniekers, dentro do Via Stellae 2014.

A partir das 19.00 h
No campo de fútbol de Santa Isabel, final da copa Santiago Afeccionados.

19.30 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polos concelleiros José María Rosende e Luis Meijide, asiste á misa con motivo da festividade do Corpus Christi. Ás 20.30 h procesión eucarística (fórmase en Praterías). Percorrido polas rúas do Casco Histórico e remata no Obradoiro, onde se procede á entrada na Catedral.

Compartir: