Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de xuño

9.00 h
No Cersia, curso de capacitación para o manexo das ferramentas destinadas á edición do planeamento en formato FIP, dentro do programa Red.es. Santiago é o único concello de España no que os seus técnicos se van formar no manexo desta ferramenta.

10.00 h
No Colexio La Salle, a Policía Local realiza unhas xornadas de educación vial sobre o uso do casco por parte dos ciclistas menores de 16 anos coincidindo co Día Nacional da Seguridade Vial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos representantes municipais da CIG.

20.00 h
No CSC Ruta Xacobeo, os concelleiros José María Rosende e Luis Meijide participan na charla "Cinturón verde. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural".

Compartir: