Previsións informativas para o mércores 4 de novembro
11.00 h
No parque de Bonaval, a Concellería de Sanidade e a Aula da Terceira Idade organizan unha xuntanza interxeracional. Está previsto que nela participen 50 maiores da Aula e preto de 80 rapaces dos centros escolares da cidade. Esta actividade enmárcase dentro do Programa "Concellos Saudables".
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, para presentar as obras que se acometerán nas rúas de Raxoi e Trinidade.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Mercedes Rosón, para presentar as bases da edición de 2010 do Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados.
12.45 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto de toma de posesión de José Antonio Orza Fernández e Ramón José Núñez Gamallo como Conselleiros do Consello de Contas de Galicia.
13.00 h
No Club de Jazz Dado Dadá (Alfredo Brañas, 19), o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do "Fashion Room Compostela". Na rolda tamén estarán Mayra – B, deseñadora da firma Perdina Bonita e membro da organización do Fashion Room Compostela; Carmen Eixo, xerente do Dado Dadá; José Matteos, deseñador e director do Plan de Internacionalización da Moda Independente
Galega; e Sonsoles Corredoira, deseñadora da firma Sonsoles Corredoira; e Verónica Pérez, deseñadora da firma YooY.
21.00 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a XXIII edición de Cineuropa. Asiste a concelleira de Cultura, Socorro García Conde. O acto estará presentado pola actriz Marta Pazos e contén a proxección do filme de Michael Haneke, A Cinta Branca.
CINEUROPA
Teatro Principal
21.00h. Inauguración. A Cinta Branca de Michael Haneke.
Salón Teatro
20.00h. Tokyo Sonata de Kiyoshi Kurosawa.
22.15h. Ricky de François Ozon.
00.00h. Dung Che Sai Duk
Aula Sociocultural de Caixa Galicia
20.00h. Los Bastardos de Amat Escalante
22.00h. Tulpan de Sergei Dvortsevoy.