Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 30 de outubro

12.00-13.30 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), Obradoiro de comedeiros e bebedeiros de aves con material de refugallo.

12.00 h
No Teatro Principal, Gala Lírica da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño e coa soprano galega Laura Alonso.

12.30 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios da XXXIX Carreira Pedestre.

Compartir: