Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 30 de novembro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria.
2. Expediente de modificación de crédito mediante suplemento de crédito do orzamento do ano 2016: 2016-SUPLE-03.
3. Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 2016-SUPLE-02 con base no superávit orzamentario consolidado do concello aínda non aplicado do ano 2015 e con destino á amortización de operacións de endebedamento vixentes e outras aplicacións de carácter obrigatorio en cumprimento do establecido no artigo 32 da LOEP e disp. adicional 16ª do TRLFL 2/2004, financiado con remanente líquido de tesourería para gastos xerais do concello do ano 2015 por importe de 1.253.649,56 euros.
NOTA: non haberá retransmisión vía streaming.

10.00 e 12.00 h
No Teatro Principal, Pistacatro Produtora de Soños presenta ‘Residuo’, dentro do Programa Didáctico da concellaría de Acción Cultural.

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal do BNG, Rubén Cela e Goretti Sanmartín, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entrega o recoñecemento aos premiados no concurso de escaparatismo "Samaín en Compostela".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dá lectura ao manifesto con motivo do Día Internacional da Cidade Educadora 2016.

12.30 h
No IES de Sar, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, entrega os premios da I edición do concurso (Des)igualdades creativas, con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller.

13.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Mesa de diálogo coa Hostalería Nocturna.

19.00 h
En Madrid, o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, recolle o premio Ecoembes á Tropa Verde.

20.00 h
Na Zona "C", o concelleiro Jorge Duarte asiste á inauguración da intervención de ‘The observation of trifles’ de Carlos Alba. Coa participación do propio artista.

Compartir: