Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o 3º Día do Deporte Solidario. Na rolda estarán Sara Castedo, adxunta á xerencia de Area Central; Enrique Viéitez, coordinador do evento, e responsables de AGADEA, entidade á que irá destinada a recadación.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a 5ª edición do concurso de publicidade comercial en galego "Coa lingua conectas".

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Igualdade, Marta Lois, preside a constitución da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero.

12.15 h
Na Casa do Concello (Salón Vermello), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a Colección SELIC: cinco volumes editados con motivo da Semana do Libro de Compostela. Na rolda tamén estarán os autores: Helena Villar Janeiro, Suso de Toro, Roi Vidal, Carlos Quiroga, Mariña Pérez e Patricia Janeiro.

13.00 h
No Aeroclub (rúa Xeneral Pardiñas, 34, baixo), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a mesa da Asociación Española contra o Cancro.

16.30 h
No Centro de Saúde de Vite, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á clausura da 9ª edición do Programa de Envellecemento Activo e Saudable "Coidar os coidadores".

18.30 h
No Centro Sociocultural de Vite, Obradoiro "Coñecer o comercio xusto a través da cociña", dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria"

19.30 h
No Centro Sociocultural do Ensanche, proxección do documental "Derecho a un techito", dirixida pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios dentro das actividades so programa "Compostela + Solidaria"

20.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xuntanza do Foro Cívico Empresarial.

20.00 h
A praza das Praterías albergará un novo concerto da Banda Municipal de Santiago baixo o título ‘En Praterías coa banda'.

20.30 h
No Auditorio de Galicia a Real Filharmonía de Galicia pecha a Temporada de Abono baixo a dirección de Paul Daniel e coa estrea absoluta de 'Tempos Velados' de Abe Rábade e a interpretación da novena sinfónía de Beethoven a cargo do Orfeón Terra a nosa e o Coro de rapaces da Escola Municipal de Música.

Compartir: