Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, para dar conta do inicio do proceso de Orzamentos Participativos 2018.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, para presentar o estudo de consumo de alcohol e drogas en menores de idade. Na rolda tamén estará Antonio Rial, investigador da USC responsable do estudo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Verde, acto de sinatura do convenio para a creación, xestión, explotación e mantemento da Vía Verde. Asistentes:
Martiño Noriega, alcalde de Santiago
José Luis Martínez, alcalde de Ordes
Manuel Mirás, alcalde de Oroso
Antonio Pereira, alcalde de Tordoia
José García, alcalde de Cerceda

12.00 h
No CHUS, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, participa no acto con motivo do Día do Doante de Órganos.

14.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese cos respresentantes do Colexio de Educadores Sociais de Galicia.

19.00 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao Padroado do Museo da Casa da Troia.

19.00 h
No IES Rosalía de Castro, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á Gala solidaria contra a desnutrición infantil e a fame arredor do mundo, organizada polo centro.

20.30 h
Na praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste aos actos con motivo do Día de Ferrol na SELIC.

20.30 h
No Teatro Principal, o ciclo 'A Escola na Cidade' pechará cun concerto extraordinario como colofón dos estudos do alumnado do curso avanzado de Especialización Orquestal.

Compartir: