Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de xuño

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, para dar conta do prego de Administración Electrónica.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

17.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, recibe o alumnado do IES Florida Blanca, de Murcia.

18.00 h
No Pazo de Congresos, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste ao acto de recoñecemento aos mellores expedientes do ensino medio.

19.00 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, palestra impartida por docentes da USC sobre a diversidade sexual. Participarán Carmen Fernández, decana da Facultade de Ciencias da Educación; Carlos Callón, docente no CPI Alfonso VII; Beatriz Suárez e Carme Adán, profesoras da Universidade de Vigo, e Laura Bugalho, educadora, sindicalista e transfeminista.

20.30 h
No Pazo de Congresos, a concelleira de Deportes, Noa Morales, asiste á Gala da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol.

Compartir: