Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de xuño

10.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a horta da Escola Infantil de San Roque.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar as novas visitas guiadas: "Monicreques en Ruta: con Valle-Inclán por Santiago". Estará acompañada polo Director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, Antonio González, e o Monicreque de Valle-Inclán (Títeres Cachirulo).

12.00 h
No CSC de Fontiñas, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega de premios da Fundación Luís Tilve.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao Club Waterpolo Santiago, campión da Liga Galega.

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos clubs deportivos participantes na Festa do Deporte.

21.00 h
Me & The Bess + Alto Volta abren TerraZeando 2017. Por mor da choiva o concerto será na Sala Sónar, con entrada de balde.

Compartir: