Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 25 de xuño

14.00 h
No Pavillón do Restollal, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á entrega de trofeos da IV Jamboree Minibasket.

15.00 h
Na Praza do Obradoiro, a concelleira Concha Fernández recibe os participantes na iniciativa "Solidarios Non Stop".

20.00 h
No Teatro Principal, dentro do programa ‘Compostela Conversa’, as bandas Guerrera e Totale ofrecerán un concerto e conversarán co público.

ATA DOMINGO 25 DE XUÑO
- No Auditorio de Galicia, MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). Horario de exposición: Todos os días de 10 a 14h e de 16 a 19h
- Na Zona "C" ‘Os mundos de Carlos Casares’, unha visión do escritor e dos seus lugares. Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00h; domingos de 14.00 a 19.00h; luns, pechado.

Compartir: