Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

A continuación,
Encontros cos medios do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sucesivamente.

14.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes na Carreira do Peregrino 2017.

ATA DOMINGO 25 DE XUÑO
- No Auditorio de Galicia, MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). Horario de exposición: Todos os días de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h.
- Na Zona "C", ‘Os mundos de Carlos Casares’, unha visión do escritor e dos seus lugares. Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h, domingos de 14.00 a 19.00 h.

FESTAS DE SAN XOÁN
17h - 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos
17h - 1h: Circulación do Tren Cacharelo polos distintos barrios da cidade que celebran actividades de San Xoán. Saídas ás horas en punto dende o CGAC
17h - 18:30h Obradoiro e Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela. Saída do CIAC ás 17h con chegada á Praza de Mazarelos ás 18:30h. Previa reserva
19h - 20:30h Obradoiro para a elaboración de ramiños de San Xoán coordinado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela.
20:30h - 21h e 21:30h- 22h Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego a cargo de Mercedes Prieto co acompañamento ao acordeón de Serxio Cobos. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo.
22:30h Concerto de música tradicional: Habelas Hainas.
00h Peche do Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos e último traxecto do Tren Cacharelo con saída ás 00h do CGAC,
00h. Salto de cacharelas nos distintos barrios da cidade para salvar o meigallo na noite máxica de San Xoán.
06:54 (saída do sol) Roteiro libre por Compostela para cumplimentar os ritos tradicionais da madrugada de San Xoán: "ver bailar o sol" na zona leste da cidade e lavarse a cara "coa flor da auga" na primeira raiola do amencer aproveitando así as propiedades máxicas que, segundo a tradición, as augas das fontes e os ríos gañan durante esta noite.

Compartir: