Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a IV edición do Jamboree Nacional Minibasket de Clubs. Na rolda estarán o presidente e a secretaria xeral da Federación Galega de Baloncesto, Martín Micó e Susana Fiuza.

11.00 h
No Centro Abanca Obra Social, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste ao acto de presentación da Memoria de Actividades 2016 da Plataforma Polo Emprego e recollida de certificados do programa "Compostela Convive".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar o ensaio gañador do I Premio Xohana Torres, editado pola Universidade de Santiago. Na rolda estarán a vicerreitora de Estudantes da USC, Dolores Álvarez; o director do servizo de publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés; a autora da obra, María Reimóndez e a poeta canadiense Erín Moure.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e do xefe de Bombeiros, Xesús Martínez, sobre as cacharelas de San Xoán.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar a Mostra de Teatro no Principal que organiza a rede de centros socioculturais.

20.00 h
No Pazo de Congresos, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala do Fútbol.

20.00 h
Na Praza das Pratarías ‘Sonidos Mexicanos’ coa Banda Municipal de Música de Santiago. Acceso libre.

21.45 h
Na Praza de Mazarelos, a concelleira de Turismo, Marta Lois, recibe unha delegación encabezada polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández, e representantes da Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, do Concello da Estrada, que portan o lume sagrado encendido no Pico Sacro o pasado domingo.

ATA DOMINGO 25 DE XUÑO
- No Auditorio de Galicia, MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). Horario de exposición: Todos os días de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h.
- Na Zona "C", ‘Os mundos de Carlos Casares’, unha visión do escritor e dos seus lugares. Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h, domingos de 14.00 a 19.00 h.

Compartir: