Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de entrega de premios da proba deportiva do concurso de patrullas da BRILAT Tui-Santiago de Compostela.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar a Compostelánea do mes de xuño.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. Na rolda tamén estará o deputado Xosé Luís Rivas "Mini" e a portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

17.00 h
Na Praza da Quintana, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a Semana do Libro de Compostela (SELIC).

18.00 h
No Auditorio 2 do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Santiago, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste á xornada "Vén coñecer as cooperativas".

18.30 h
No Auditorio de Galicia, no ciclo "Descubre unha orquestra para ti, a túa!" A Real Filharmonía de Galicia dirixida polo mestre Paul Daniel, interpretará a "Sinfonía nº 9 en re menor op. 125" de Beethoven.

20.00 h
Na Praza da Quintana, presentación dos libros da Colección SELIC, editados con motivo da Semana do Libro de Compostela.

19.15 h
No CSC de Conxo, obradoiro "O baúl de Frida", dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria".

Compartir: