Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 12 de xuño

10.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Cidade da Cultura (Sala Einsenmann), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do evento "Conecta Fiction".

11.30 h
No Salón Vermello, acto de presentación e entrega dos catálogos elaborados polo alumnado do IES de Sar e CIFP Compostela dentro do programa "Igualdade Ilustrada" do I Concurso Recicla o Xénero. No acto estarán No acto estarán a concelleira de Igualdade, Marta Lois; Anxo Jamardo, profesor do CIFP Compostela; María Teresa Ruiz e Carmela Romay, directora e profesora do IES de Sar, respectivamente; a escritora Luz Fandiño e varios alumnos e alumnas dos centros participantes.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista Gonzalo Muíños sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes na peregrinación clown de Pallasos en Rebeldía.

16.00 h
Na Facultade de Ciencias da Educación, a concelleira Concha Fernández inaugura o XV Encontro Estatal de Programas Universitarios para Maiores da USC.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, charla "Somos migrantes" dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria"

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos membros do XV Encontro Estatal de Programas Universitarios para Maiores da USC.

Compartir: